ISMS Forum presenta a 5º edición do “Estudo sobre o nivel de madureza na aplicación do RXPD” desenvolvido polo Data Privacy Institute

Imaxe

O Data Privacy Institute do ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, presentou a 5º edición do Estudo sobre o nivel de madureza na aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos, onde se analiza o nivel de madureza do cumprimento en protección de datos, identificando tendencias e retos que afrontan os Delegados de Protección de Datos mediante un enfoque comparativo.

O Estudo é o resultado final dunha Enquisa dirixida e contestada polos Delegados de Protección de Datos de diferentes organizacións e entidades de España que proporcionou información valiosa sobre aspectos claves da función dos Delegados de Protección de Datos.

A través deste informe, proporciónaselles a líderes empresariais e profesionais de privacidade e seguridade unha ferramenta para avaliar e mellorar as súas prácticas, coas complexidades e desafíos que se enfrontan día a día.

Podes descargar este documento, así como outras publicacións, informes e estudos do ISMS Forum e colaboradores na seguinte ligazón: Estudos do ISMS Forum.