ISMS Forum publica a guía de Intelixencia Artificial e Ciberseguridade co soporte do CCN

Imaxe

ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, publicou a guía de Intelixencia Artificial e Ciberseguridade contando co soporte do Centro Criptológico Nacional, entidade fundadora do Nodo CIBER.gal.

Este traballo avalía os riscos de seguridade vinculados ao incremento do uso da intelixencia artificial, e ofrece guía para que os profesionais en ciberseguridade logren responder adecuadamente o reto que isto supón.

Ademais, a Guía examina o uso malicioso da IA para orquestrar ataques e proporciona os principais usos da IA na propia protección ante estes ataques, así como recomendacións para previr o seu abuso.

Por último, o documento aborda a xestión e execución de proxectos con IA e reflexiona sobre posibles fallos na implantación de sistemas de IA.

Podes descargar este documento, así como outras publicacións, informes e estudos do ISMS Forum e colaboradores na seguinte ligazón: Guía de Intelixencia Artificial e Ciberseguridade (ISMS Forum).