O CCN abre inscricións para participar en ENS Challenge

Imaxe

O Centro Criptolóxico Nacional (CCN), socio fundador do Nodo CIBER.gal, creou unha nova plataforma interactiva “ENS Challenge” para a formación en base ao Esquema Nacional de Seguridade.

Esta ferramenta permitirá aprender e medir os coñecementos do Esquema Nacional de Ciberseguridade nas súas principais áreas: Essentials, Plan de Adecuación, Auditoría/Vixilancia, Roles e Gobernanza e Cadea de Subministración.

Ademais de asentar o coñecemento sobre o ENS, os participantes poderán competir a través de diversos retos, do 6 de maio ao 9 de xuño polo recoñecemento de ser o/a principal experto/a no Esquema Nacional de Seguridade

As inscricións están abertas ata o 5 de maio e hai dispoñibles ata 500 prazas para participantes nesta primeira edición.

Así mesmo, o CCN celebrará un webinar o próximo 25 de abril, ás 10:00 AM, para proporcionar información sobre o funcionamento da ferramenta e da competición.

Información relacionada