O Centro Criptológico Nacional (CCN), unha das entidades fundadoras do Nodo CIBER.gal, vén de lanzar unha nova ferramenta educativa a través do seu portal de formación “Ángeles”, destinada a combater o phishing, unha das ameazas cibernéticas máis comúns e perigosas na actualidade.
Denominada "Ciber-Cluedo", esta iniciativa ten como obxectivo principal educar a usuarios de todos os niveis sobre as técnicas utilizadas polos ciberdelincuentes para levar a cabo ataques de phishing, así como proporcionar estratexias efectivas para detectar e evitar caer nestas trampas virtuais.
Esta ferramenta ofrece un recurso didáctico, onde os usuarios terán que resolver desafíos de ciberseguridade a través de situacións simuladas que levarán ao usuario a aprender sobre enxeñaría social e medidas de seguridade adecuadas.
"Ciber-Cluedo" está dispoñible de balde a través da sección de gamificación do portal de formación do CCN, “Ángeles”. Para acceder a este e outros servizos do portal é preciso darse de alta previamente. O rexistro na plataforma Ángeles tamén é gratuíto e debe realizarse a través da plataforma Cl@ve utilizando DNI/e, Certificado electrónico ou Cl@ve PIN. Podes acceder mediante a seguinte ligazón.