O Centro de Ciberseguridade Industrial organiza un webinar sobre ciberseguridade OT

Imaxe

O Centro de Ciberseguridade Industrial (CCI), entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o webinar “Organización interna e externa da ciberseguridade OT nunha empresa” en modalidade en liña, o próximo 5 de abril de 15:50 a 16:30.

O webinar abordará a estrutura organizativa dunha empresa industrial como unha das maiores vulnerabilidades de ciberseguridade. Neste webinar presentaranse cales son os principais retos da organización interna e externa en relación á ciberseguridade OT e como xerar unha resposta acorde aos desafíos.

O evento contará coa participación de María Carla Silveira, CISO en eti_tecnologías, e con José Valente Pérez,  Director e Coordinador do Centro de Ciberseguridade Industrial.

Consulta a seguinte ligazón para rexistrarte como asistente ao webinar: Webinars CCI.

Información relacionada