O Consello Económico e Social (CES) de España outorgou o XXII Premio de Investigación ao proxecto Guardianes digitales para un crecimiento sostenible: ciberseguridad y protección ciudadana en la era de la transformación digital da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, ambas as universidades adheridas ao Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.
O proxecto destaca a importancia da ciberseguridade para o desenvolvemento económico, a sostibilidade e a protección dos dereitos da cidadanía e aborda os riscos e oportunidades das tecnoloxías dixitais e o seu impacto na competitividade empresarial e a resiliencia organizacional.
O equipo premiado, composto por expertos multidisciplinarios das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, avaliou o impacto socioeconómico da ciberseguridade desde diferentes perspectivas e propón medidas para mellorar a infraestrutura de ciberseguridade co fin de impulsar a seguridade dixital como motor de crecemento económico.