O CNTG imparte este xoves o seminario “Principais ameazas de ciberseguridade en aplicacións orientadas a Microservizos”

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía o seminario gratuíto en modalidade presencial sobre as principais ameazas de ciberseguridade en aplicacións orientadas a microservizos. O seu obxectivo é analizar como desenvolver aplicacións orientadas a microservizos dunha forma segura, vendo a importancia de definir tipos de servizos, aplicacións, usuarios e outros puntos clave na seguridade dos mesmos.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A continuación, detállase a información relativa ao seminario:

Ademais deste seminario, o CNTG dispón dun amplo abanico de xornadas e cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa nas seguintes ligazóns: Programación de cursos do CNTG | Programación de xornadas do CNTG.