O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) programa cinco seminarios sobre ciberseguridade entre o 30 de novembro de 2026 e o 18 de xaneiro de 2027. A oferta aborda a protección de contornas cloud, a seguridade de servidores Linux, o pentesting con axentes de seguridade, a gobernanza e a resposta ante incidentes.
As actividades están orientadas a profesionais TIC e persoas con responsabilidades en ciberseguridade. Todas teñen unha duración de 4 horas, en horario de 16:30 a 20:30 h, e desenvolveranse en modalidade presencial ou virtual, segundo o seminario.
Os cursos son os seguintes:
Unha aproximación práctica á protección dos servizos na nube, que tratará o reparto de responsabilidades entre cliente e provedor, a xestión de accesos, a protección da información e a configuración segura.
Sesión centrada en reforzar a seguridade dos servidores Linux. Abordará a administración de privilexios, a revisión dos servizos expostos e o uso de rexistros e auditorías para facilitar a detección e a resposta ante incidentes.
O seminario explorará o apoio dos axentes de seguridade ás probas de penetración e á validación continua en contornas AWS, incluíndo a integración en DevSecOps, a supervisión humana e a priorización dos riscos detectados.
Unha sesión para vincular a ciberseguridade cos obxectivos da organización. Revisaranse marcos como COBIT, a avaliación da madurez e o uso de indicadores para comunicar á dirección o valor das medidas de seguridade.
Formación sobre seguridade defensiva tomando como referencia CompTIA Security+. Tratará a identificación de ameazas, o deseño de arquitecturas seguras, o control de accesos e as tarefas de monitorización, detección e resposta ante incidentes.
As persoas interesadas poden consultar o programa completo e tramitar a inscrición, dentro do prazo correspondente, a través da ficha de cada seminario na web do CNTG.