O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia e cloud.gal (Infonet) participarán nunha charla informativa sobre delitos informáticos e ciberseguridade no Club Financeiro de Santiago

Imaxe

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e cloud.gal (Infonet), entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal, participarán na charla informativa sobre delitos informáticos e ciberseguridade organizada polo Club Financeiro de Santiago, o vindeiro xoves 27 de xuño ás 17:00h, na propia sede do Club.

O evento contará coa participación de destacados expertos na materia. Os relatores inclúen a Alberto González, xefe de equipo da Garda Civil, quen falará sobre Investigación de delitos informáticos: desafíos e solucións; Martín González, CCO de cloud.gal, quen abordará as Solucións tecnolóxicas para a protección contra ciberamenazas e casos de éxito; e Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática en Galicia (CPEIG), quen tratará o Rol dos profesionais da informática na ciberseguridade.

Para asistir a esta charla deben escribir ao seguinte correo: info [at] clubfinancierodesantiago.com (info[at]clubfinancierodesantiago[dot]com)

Información relacionada