O Dixital Innovation Hub Industrial de Galicia, DIHGIGAL, organiza o obradoiro “CYBERINDUSTRY” sobre solucións de ciberseguridade na industria de Galicia, o día 28 de maio ás 10:30 no Hotel Attica21 de Vigo.
O taller pon en valor a necesidade de manter un seguimento das últimas tendencias e innovacións que se xeran na ciberseguridade industrial e que son vitais para protexer e evitar riscos sobre os activos e datos do tecido empresarial.
No evento, participará Belén Pérez Rodríguez, Security GRC Consultant en Govertis e Coordinadora do Centro de Ciberseguridade Industrial en Galicia, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal.
Ademais, a xornada contará con diferentes presentacións sobre solucións de ciberseguridade, entre elas, Forensic & Security, COREN e Inprosec entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal:
Raúl Yáñez, Noukee.
Pilar Vila y Jaime Vila, Forensic & Security.
David González González, COREN.
Francisco Galisteo, Getronics.
Iago Fortes Caramés, InprOTech.
Rafael López González, Adhex Tech Tapes, S.L.
Fernando Cao García, EMENASA.
José Villanueva Rodríguez, CEAMSA.
As inscricións están abertas na seguinte ligazón: Inscripción Obradoiro CyberIndustry.
Para máis información, consulta a seguinte publicación: Obradoiro de solucións de ciberseguridade na industria.