Premios Protección de Datos 2024

Imaxe

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de publicar os nomes dos galardoados cos 'Premios Protección de Datos 2024', que recoñecen en diferentes categorías os traballos que promoven tanto a difusión e o coñecemento do dereito á protección de datos como a súa aplicación práctica. 

Os premios outórganse nas categorías: Comunicación; Proactividade e boas prácticas no cumprimento do Regulamento e a LOPDGDD; Boas prácticas educativas; Investigación 'Emilio Aced'; Emprendemento 'Ángela Ruiz Robles'; Boas prácticas para a protección das mulleres fronte á violencia dixital, e difusión do dereito á protección de datos en redes sociais.

Información relacionada