PuntoGal organiza o webinar “Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas”

Imaxe

PuntoGal, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal organiza, conxuntamente co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Global Cyber Alliance (GCA), o webinar “Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas”, que ademais conta co apoio do Nodo CIBER.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

O webinar terá lugar o próximo 20 de marzo a partir das 10:00 horas a través da plataforma de formación en liña do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A inscrición conta con prazas limitadas e é gratuíta mediante envío de correo a xornalistas [at] xornalistas.gal (xornalistas[at]xornalistas[dot]gal) antes do 18 de marzo.

A xornada contará coa participación de Carlos Seisdedos, investigador e analista en seguridade internacional e ciberseguridade; Pablo López-Aguilar, director asociado do programa de seguridade de Global Cyber Alliance; Alejandro Fernández-Cernuda, director de compromiso do programa de integridade na internet da Global Cyber Alliance.

O acto, presentado pola xornalista Valeria Pereiras, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Profesional de Xornalistas de Galicia, transcorrerá co seguinte programa:

  • 10.00: Presentación a cargo de Valeria Pereiras 

  • 10.20: Carlos Seisdedos: Reflexións sobre a cobertura mediática da ciberseguridade

  • 10.40: Pablo López-Aguilar: As infraestruturas da internet e o risco cibernético

  • 11.00: Alejandro Fernández-Cernuda: O ecosistema colaborativo que protexe internet

  • 11.20:  Debate: Claves para unha nova narrativa?

Para calquera consulta ou dúbida sobre o webinar, podes contactar cos organizadores mediante o correo electrónico xornalistas [at] xornalistas.gal (xornalistas[at]xornalistas[dot]gal) ou o teléfono 981 935 670.