A Universidade de Santiago, entidade adherida ao Nodo, e INCIBE, entidade fundadora do Nodo, presentaron este venres 21 de xuño a nova Cátedra Economía da Ciberseguridade, que persegue promover unha cultura de protección e concienciación en ciberseguridade e que contará cunha dotación de 1,2 millóns de euros.
No acto participaron a vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo, a secretaria da Facultade de Ciencias Económicas, María José Barcia, e o director do INCIBE, Félix Barrio. Ademais, indicouse que nos próximos meses poñerase en marcha a Cátedra codirigida por María Bastida, investigadora do Centro Interuniversitario ECOBAS.
A Cátedra está enfocada en diferentes liñas de traballo: o impacto de ciberamenazas na psicoloxía e comportamento social, no desenvolvemento de metodoloxías que permitan medir o custo do cibercrimen e avaliar así o seu impacto económico, e en crear un observatorio de monitorización da opinión pública e tendencias de ciberseguridade, en colaboración co CiTIUS.
Así mesmo, tamén se presentou o proxecto estratéxico Ciberseguridade e economía: estudo de ameazas ambientais globais e diagnósticos empresariais, que lidera María Loureiro, directora científica do Centro Interuniversitario ECOBAS.
O proxecto está centrado no estudo de ciberamenzas mediante o emprego de técnicas innovadoras para relacionar as ciberamenazas con diversas situacións ambientais e sociopolíticas, así como en estudar a vulnerabilidade do tecido empresarial #ante o risco en materia de ciberseguridade.