No marco do Nodo Gallego de Ciberseguridade CIBER.gal, e en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia arranca unha nova iniciativa de concienciación, capacitación e formación no ámbito da seguridade da información na contorna dixital: #CiberEsther.
O mundo actual e toda a súa sociedade está conectada dixitalmente, polo que o uso seguro das tecnoloxías da información é vital para protexer os datos e a información da cidadanía nunha contorna dixital globalizada.
O goberno electrónico, comercio electrónico, a comunicación, banca en liña, e os servizos de saúde en liña son parte da vida cotiá. A información que manexamos é sensible e débese protexer para non caer nas múltiples ameazas cibernéticas.
Toda a sociedade é vulnerable ás ameazas de seguridade cibernética: roubo de identidade, de credenciais, explotación infantil, acoso cibernético, ameazas internas, suplantación de identidade (phishing)…
Coa posta en marcha desta campaña, o Nodo CIBER.gal persegue os seguintes obxectivos:
Cada domingo, o programa DígochoEu publica un novo vídeo relacionado coa seguridade na nova contorna dixital.
Todos os vídeos pódense consultar na lista de reprodución do Nodo CIBER.gal da canle de Youtube do Centro Gaiás Tech.
Ademais, na sección de "Recursos" da páxina web do Nodo CIBER.gal publicaranse todos eles.