O nodo ciber.gal organiza para o vindeiro 13 de xuño na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha xornada sobre actualidade e tendencias en ciberseguridade.
A xornada é organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, e colaboran de xeito activo na súa coorganización a propia Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
Os obxectivos da mesma son, por unha banda, dar a coñecer as iniciativas públicas galegas que apostan pola potenciación e mellora da ciberseguridade na nosa comunidade. Así, farase a presentación pública da Estratexia Galega de Ciberseguridade 2030. E pola outra, achegar aos asistentes o forte atractivo deste sector para fomentar a creación de talento especializado, trasladarlle as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e que poidan coñecer de primeira man o día a día dun profesional adicado á materia.
A inscripción é gratuíta e pódese facer desde esta ligazón.
Programa da xornada:
Julián Cerviño Iglesia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Román Ramírez, hacker e fundador de RootedCON
Modera: Fernando Suárez, Presidente de Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
Román Ramírez, Hacker e fundador de RootedCON
David González, CISO de COREN
Jesús Feliz, Xerente de Sectores Estratéxicos no Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)
Securización de datos de telemetría para domótica utilizando ESP8266
Miguel Díaz-Cacho Medina, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense
Smashing de Stack 25 anos despois
José Ramón Méndez Reboredo, Docente na Escola Superior de Enxeñeria Informática no Campus de Ourense
Extracción de credenciais en sistemas windows, con Forensics
Efrén Varón, Consultor en DLTCode & Correcta
Análise dun servidor de correo electrónico e rastrexo de malware
Roberto Valente, Equipo @ Guardia Civil