Xornada en Ourense, Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro

Imaxe

As actividades do Nodo Cibergal trasladáronse por un día a Ourense o pasado martes 13 de xuño para celebrar, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, unha xornada na que se analizou o estado actual e futuro da ciberseguridade nesta comunidade autónoma.

A apertura correu a cargo de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), quen expuxo unha análise do presente e futuro da ciberseguridade, unha disciplina en alza que vai requirir de gran cantidade de profesionais especializados nos próximos anos.

Ao longo da xornada sucedéronse relatorios, mesas redondas e outras actividades, todas elas centradas na ciberseguridade en xeral e as súas perspectivas para Galicia en particular.