Imaxe
Curso de Experto en Ciberseguridad

O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.

No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.

A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.

Filtrar por:

A Policía Nacional detectou, nas últimas semanas en Galicia, unha repunta significativa de estafas no investimento en criptomoedas como gancho.

O ‘bizum inverso’, a nova trampa que está deixando vítimas con moitas perdas económicas

Moitas aplicacións teñen acceso á cámara e ao micrófono, pero non todas o precisan...

Se te chaman para cambiar o router, ollo que pode ser unha estafa! A policía nacional nos alerta deste novo calote.

Hoxe imos repasar o vocabulario de ciberseguridade!

Atención! Os cibercarrachos fanse pasar polo transporte público en Facebook para estafar!

Se vas de compras en liña, apunta estes consellos para non caer en fraude