O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.
No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.
A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.
Coidado se tes un coche moderno!
Para visualizar o contido desta nova, accede ao vídeo e diríxete ao minuto 11:30.
Ao redor do 70% da mocidade comparte a súa localización en tempo real as 24 horas do día por sensación de seguridade, pero os expertos advirten que est
A estafa do "fillo en apuros" evoluciona co uso de intelixencia artificial para imitar voces reais, logrando que vítimas en Vigo e Santiago perderan en
Un home de Sanxenxo perdeu 20.000 € tras ser vítima de smishing, unha estafa por SMS na que suplantaron ao seu banco.
Os cibercarrachos traballan moito no 'Black Friday'