Coa fin de materializar os obxectivos estratéxicos e operativos, o nodo pon a disposición de empresas, cidadáns e administracións públicas de Galicia unha oferta harmonizada de servizos para cumprir as expectativas de todos os actores implicados no mesmo.
Os servizos prestados por CIBER.gal agrúpanse nas seguintes categorías:
Relacións institucionais (networking)
Xestión das relacións a nivel rexional, nacional e internacional con entidades públicas e privadas con intereses comúns en relación ao nodo.
Observatorio e Coñecemento
Seguimento, análise e avaliación do sector da ciberseguridade en Galicia e outros territorios de referencia e xeración de información e coñecemento de interese para o sector.
Espazos para a investigación e transferencia de coñecemento
Posta a disposición de espazos para a investigación e transferencia de coñecemento entre os membros do nodo e outras entidades.

Asesoramento experto e provisión de servizos
Asistencia técnica e prestación de servizos de detección, prevención e xestión da ciberseguridade en administracións, empresas e outras entidades de interese en Galicia.
Concienciación e capacitación
Formación para a adquisición do coñecemento necesario e concienciación para o adecuado uso e xestión da ciberseguridade por parte dos cidadáns, empresas e administracións públicas.
Comunicación e difusión
Xeración de iniciativas e elaboración de contidos formativos e informativos e a súa difusión por canles de comunicación tradicionais e online.
