Acceso non autorizado a información de clientes de Vodafone

Imaxe
Nivel de alerta
Alto

Vodafone ven de informar dun acceso non autorizado a información dun número limitado dos seus clientes por medio dunha vulneración da seguridade dunha empresa colaboradora. Cumprindo coas súas obrigacións legais, Vodafone xa informou tanto ás autoridades (AEPD) como aos clientes afectados.

Os datos expostos son os seguintes: nome, apelido, DNI ou NIF, número de teléfono de contacto, dirección de correo electrónico, dirección física e conta bancaria, ademais do número de teléfono contratado no caso dos particulares.

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

Ante a posibilidade de que poidan xurdir intentos para utilizar esta información de maneira fraudulenta (por exemplo, mediante unha campaña de SMSs falsos), recoméndase seguir os consellos de Instituto Nacional de Ciberseguridade:

  • En caso de recibir un SMS informando desa exposición de datos, contrástao na web oficial de Vodafone ou consultar ao teléfono gratuíto 900 851 151.
  • Evita proporcionar información sobre os teus métodos de autenticación en resposta a SMSs, mensaxes de correo electrónico ou chamadas telefónicas: Vodafone (e en xeral os responsables de prestar servizos en liña) non solicita contrasinais ou PIN. 
  • Presta especial atención a peticións de datos persoais ou bancarios, deben acender un sinal de alerta.

Información relacionada