Estafas online "de temporada": ofertas de pellets

Nivel de alerta
Alto

O Equipo @ da Garda Civil, especializado na investigación de ciberdelitos, alerta sobre un preocupante repunte de estafas online que afecta, principalmente, á compra de pellets, un produto cada vez máis demandado para a calefacción doméstica. Tras o verán e coa chegada do outono, espérase que estes fraudes continúen en aumento, tal como ocorreu o ano pasado.

A fraude na compra de pellets online: unha trampa recorrente

A estafa máis común relacionada cos pellets consiste na creación de páxinas web fraudulentas que simulan ser tendas reais, ofrecendo prezos moi por debaixo do mercado para atraer aos consumidores. Segundo informa o Equipo @, os estafadores invisten en webs deseñadas de forma profesional, e mesmo clonan portais de tendas lexítimas. Os clientes, atraídos polos baixos prezos, realizan a compra, pero nunca reciben o produto nin poden recuperar o seu diñeiro.

Este tipo de fraudes sole proliferar durante os meses máis fríos, cando a demanda de pellets crece, e os delincuentes aproveitan para realizar a súa actividade delituosa. As páxinas fraudulentas solen ter unha vida curta, permanecendo activas o tempo suficiente para enganar a un gran número de vítimas antes de desaparecer sen deixar rastro.

Descrición de accións para evitar o risco ou solucionalo

En caso de teres sido vítima dunha estafa, é fundamental que actúes rapidamente:

  • Contacta coa túa entidade bancaria para intentar cancelar o pagamento ou reverter a transacción.
  • Denuncia a fraude ante as autoridades, achegando toda a información dispoñible sobre a compra e a páxina web involucrada.
  • Garda toda a documentación relacionada co caso, como correos electrónicos, capturas de pantalla e comprobantes de pagamento, para facilitar a investigación.

A mellor maneira de combater estas estafas é estar informado e ser cauteloso á hora de realizar compras online ou pagamentos importantes. A prevención e a precaución son fundamentais para evitar converterse en vítima dos ciberdelincuentes.

 

Máis información e recomendacións sobre estafas en compras online e canles de denuncia e axuda:

https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/recursos/multimedia/cibercompras-seguras

https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/recursos/multimedia/que-necesitas-e-que-porta-chamas