Ven de detectarse unha vulnerabilidade grave nun plugin moi utilizado no servizo WordPress (Advanced Custom Fields e Advanced Custom Fields Pro) que permitiría ataques de Cros Site Scripting (XSS).
A pesar de que as condicións de explotación da vulnerabilidade non permiten que o ataque poida ser iniciado por calquera que acceda ao sitio web sen iniciar sesión cos privilexios adecuados, en previsión doutras posibilidades recoméndase a actualización, que xa está disponible, de maneira inmediata.
O CCN-CERT avisa de que están a chegar ao seu coñecemento unha serie de incidentes con dous factores comúns: o ransomware Blackcat e o acceso ás redes obxectivo utilizando credenciais lexítimas obtidas mediante o compromiso de contas utilizadas por provedores de servizos.
Blackcat é unha familia de malware que se ofrece como ‘Ransomware as a Service’, é dicir, foi desenvolto por un individuo ou grupo criminal que o vende a terceiros para que sexan eles quen o exploten.
O Grupo de Análise de Ameazas de Google detectou a explotación activa da vulnerabilidade clasificada como CVE-2023-2033.
Non se farán públicos todos os detalles ata que se obteña un nivel adecuado de seguridade mediante a aplicación das actualizacións correspondentes por parte da maioría dos usuarios.
As vulnerabilidades catalogáronse como CVE-2023-28206 e CVE-2023-28205, respectivamente e ata o momento non recibiron unha cualificación CVSS, aínda que se presume que será alta en ambos os casos ao poder permitir a execución de código arbitrario, no primeiro caso con privilexios de kernel.
Esta é a lista de dispositivos afectados:
iPhone 8 e posterior
iPad Prol (todos os modelos)
iPad Air 3.ª xeración e posteriores
iPad 5.ª xeración e posteriores
iPad mini 5ª xeración e posteriores
HP informa do achado dun fallo de seguridade (CVE-2023-1707) que afecta a distintos modelos de impresoras LaserJet xestionadas. Asignóuselle unha puntuación de gravidade de 9,1 sobre 10 segundo o estándar CVSS v3.1, aínda que se valora que a incidencia será limitada dado que só afecta a impresoras coa versión 5.6 do firmware FutureSmart e IPsec habilitado.
Os modelos afectados son os seguintes:
HP Color LaserJet Enterprise M455
HP Color LaserJet Enterprise M480
HP Color LaserJet E45028
HP Color LaserJet E47528
3CX DesktopApp utilízase para conferencias de voz e vídeo, e permite enrutar chamadas de centrais privadas. O ataque busca a substitución das versións lexítimas do produto por un malware de tipo troyano.
Os produtos afectados son os seguintes:
Electron Windows App publicado na Update 7, versións:
18.12.407;
18.12.416.
Electron Mac App, versións:
18.11.1213;
18.12.402;
18.12.407;
18.12.416.
Google ven de emitir unha alerta sobre os teléfonos Android con chipset Exynos de Samsung: poden ser pirateados de forma remota, sen necesidade de intervención por parte da vítima.
Se un ataque ten éxito, o hacker podería acceder aos datos que pasan por eses chipsets, utilizados en moitos dispositivos, recollendo información de chamadas e mensaxes de texto. O único que necesitaría coñecer un cibercriminal é o número de teléfono que vai atacar.
Informouse dun total de 18 vulnerabilidades de día cero, catro delas particularmente graves:
Estase a constatar a explotación activa por parte de cibercriminais de dúas vulnerabilidades críticas que afectan a estes produtos de Microsoft.
As vulnerabilidades están a ser explotadas de forma activa e non requiren de interacción por parte dos usuarios:
Fortinet, unha compañía que proporciona produtos orientados á ciberseguridade, emitiu unha advertencia sobre unha nova vulnerabilidade crítica que podería permitir aos atacantes executar código de forma remota sen autenticación previa.
A vulnerabilidade afecta a FortiManager e FortiAnalyzer, dúas ferramentas de xestión utilizadas para monitorizar e analizar o tráfico de rede e foille asignada unha puntuación CVSS de 9.8 sobre 10.
Varias das vulnerabilidades refírense a inxección de comandos e foron etiquetadas como CVE-2023-22747, CVE-2023-22748, CVE-2023-22749 e CVE-2023-22750, cunha clasificación CVSS v3 de 9.8.
Outras dúas poden provocar erros de desbordamento de búfer, foron etiquetadas como CVE-2023-22751 e CVE-2023-22752, e para ambas a clasificación CVSS v3 tamén é de 9.8.
As versións afectadas son:
ArubaOS 8.6.0.19 e versións anteriores
ArubaOS 8.10.0.4 e versións anteriores
ArubaOS 10.3.1.0 e versións anteriores