10:00 - 12:00
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza, en colaboración cos polígonos empresariais de Sabón, Bergondo, Agrela, Pocomaco e Carballo, unha nova sesión formativa orientada á sensibilización e capacitación en ciberseguridade.
Baixo o título “Ameazas en liña: A enxeñaría social”, a actividade permitirá ás persoas participantes coñecer de primeira man as técnicas empregadas para manipular ás persoas co obxectivo de obter información sensible, acceder a sistemas ou cometer fraudes.
Ao longo da sesión abordaranse exemplos reais e situacións cotiás relacionadas con correos fraudulentos, suplantacións de identidade, mensaxes enganosas e outras estratexias de manipulación cada vez máis presentes no ámbito dixital.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición a través do código QR habilitado no cartel da actividade o na seguinte ligazón:
Formación online en ciberseguridade: Rellenar formulario
Máis coñecemento para construír un entorno dixital máis seguro.