17:00 - 18:00
O próximo 23 de novembro, o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial celebrará o webinar «Ciberseguridade industrial: norma IEC 62443. Do marco legal europeo ao deseño de redes OT seguras, paso a paso», unha sesión orientada a profundar nos principais aspectos normativos e técnicos relacionados coa protección das contornas industriais.
A sesión abordará o papel da norma IEC 62443 no contexto actual da ciberseguridade industrial, a súa relación co marco regulatorio europeo —incluíndo NIS2 e o Cyber Resilience Act (CRA)— e a súa aplicación práctica no deseño e protección de redes OT.
Entre os contidos previstos atópanse:
O webinar será impartido por Juan Jesús Pardo Expósito, Director Técnico e de Negocio de Tecdesoft.
Inscrición: Formulario de inscrición