Xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia

09:30 - 14:30

Sala Eisenman, Edificio CEM, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
Caducado

A Amtega celebrará a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia, unha iniciativa orientada a reforzar as capacidades de Galicia en ciberseguridade aplicada a produtos con elementos dixitais, ciberseguridade industrial e contornas OT. O encontro contará con representantes institucionais, entidades colaboradoras, empresas adxudicatarias e profesionais especializados, e incluirá a presentación dos laboratorios, mesas de expertos e visitas aos espazos demostradores.

Ligazón á inscrición aquí

 

Programa

09:30 | Recepción de asistentes e café de benvida

10:05 – 10:15 | Apertura institucional 

  • Conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia - D. Miguel Corgos 

10:20 – 10:25 | Presentación da axenda da xornada 

  • Condutora da xornada - Noelia García Caamaño, Coordinadora da Oficina de Apoio Retech da Amtega 

10:30 – 10:35 | Visión global do proxecto da rede de laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia 

  • Gustavo Herva - Xefe da Subárea de Seguridade (Amtega)

10:40 – 11:05 | Presentación do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais 

  • María Rodríguez Castro - Directora Estratéxica do laboratorio

11:10 – 11:35 | Presentación do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial 

  • Jose A. Cascallana Arroyo - Director do laboratorio IC

11:40 – 12:10 | Pausa café 

12:15 – 12:50 | Mesa de expertos: “Confianza dixital nun mundo conectado: IoT e ciberseguridade con marca galega” 

  • Modera: Manuel Ángel Alonso, Director Territorio Norte en Telefónica de España
  • Participan:  
    • Roberto Baratta Martinez, Dir. de Prevención de Perdas, Continuidade de Negocio e Seguridade, e DPO en ABANCA
    • Mario Rouco Rey, encargado de Desenvolvemento de Negocio e Planificación de Proxectos en Innogando
    • Pablo Iglesias, Responsable de Seguridade Dixital en Luckia
    • Sebastian Pantoja, Director Xeral en Carelife Solutions

12:55 – 13:30 | Mesa de expertos: "#GaliciaCalidade, tamén en Ciberseguridade Industrial" 

  • Modera: Pedro Estévez, Director de Desenvolvemento de Negocio en InprOTech
  • Participan: 
    • Iago Crespo, CISO en UFD Distribución Electricidad - Grupo Naturgy
    • J. Antonio Villanueva, IT Systems Administrator Manager en CEAMSA
    • Fernando Jiménez Míguez, General Manager en Gradiant
    • Juan Jesús Pardo Expósito - Director Técnico e de Negocio de Tecdesoft

13:35 – 13:40 | Clausura da xornada 

  • Adrián Lence, Director da Área de Infraestructuras e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

13:45 – 14:30 | Aperitivo

Información relacionada