Solucións expertas para unha innovación segura
Poñemos á túa disposición as nosas capacidades técnicas para axudarche a validar os teus produtos, cumprir cos estándares europeos e fortalecer a resilencia da túa organización.
Servizos
Produtos
Estándares
Resiliencia
Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia é un espazo de vangarda que ten como finalidade fortalecer a protección das infraestruturas críticas e dos procesos produtivos en Galicia fronte ás ameazas dixitais. Este centro actúa como un núcleo de experimentación, validación e demostración de tecnoloxías de ciberseguridade aplicadas ao ámbito de operacións (OT), combinando capacidades de investigación, ensaio e formación especializada para promover un ecosistema industrial máis seguro, resiliente e innovador.
Catálogo de Servizos e Liñas de Actuación:
- Avaliación e Ensaios de Seguridade: Contornos de proba dedicados á detección e análise de vulnerabilidades en sistemas, procesos, dispositivos OT e comunicacións industriais baixo casos de uso reais.
- Deseño e Validación de Solucións: Desenvolvemento, implantación e demostración de solucións tecnolóxicas avanzadas orientadas a mellorar a resiliencia e dispoñibilidade das redes industriais.
- Asesoramento e Cumprimento Normativo: Apoio especializado para a adecuación e cumprimento dos principais estándares, regulacións e marcos normativos do sector (tales como a directiva NIS2 ou a norma ISA/IEC 62443).
- Capacitación e Formación Práctica: Programas de adestramento, exercicios prácticos, simulacións de ciberataques (CyberRange/CTF) e concienciación adaptados a diferentes perfís profesionais do ámbito industrial.
- Observatorio Tecnolóxico e Innovación: Análise continua de tendencias, ameazas, mercado e solucións emerxentes en ciberseguridade industrial, así como a elaboración de informes, guías e documentación técnica especializada.
- Dinamización e Difusión do Ecosistema: Organización de visitas técnicas, obradoiros, demostracións en vivo con maquetas físicas e actividades divulgativas para impulsar a colaboración entre entidades públicas, privadas, centros educativos e a cidadanía.