Se tes en mente (ou coñeces a alguén que teña en mente) desenvolver unha carreira no eido da ciberseguridade, ata o 20 de setembro estás a tempo de inscribirte nalgún dos Cursos de Especialización no ámbito da Formación Profesional que se ofertan en Galicia.
Aínda que a temática que che interese non se imparta na túa localidade ou teñas problemas para compaxinar a formación con outras actividades, dispós de opcións para seguir o curso a distancia. Podes obter aquí información actualizada sobre as prazas dispoñibles en cada centro.
Ademais, aínda que non teñas os títulos de formación profesional requiridos para a inscrición, se tes interese, agora hai prazas liberadas que non os requiren: valorarase se os teus coñecementos son suficientes para acceder a estas formacións mediante unha proba de capacidade, entrevista persoal, revisión do currículo ou valoración da túa experiencia laboral.
Non o dubides e accede a profesións en pleno crecemento e cunha alta demanda de profesionais.
|
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación (OT) |
||
| Centro | Prazas disponibles | Modalidade |
| CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) |
0 |
A distancia, semipresencial |
| CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
11 |
Presencial |
| IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) |
10 |
Presencial |
| CIFP A Farixa (Ourense) |
23 |
A distancia, semipresencial |
| IES Ricardo Mella (Vigo) |
12 |
Presencial |
|
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (IT) |
||
| Centro | Plazas dispoñibles | Modalidade |
| IES Chan do Monte (Marín) |
12 |
Presencial |
| IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) |
10 |
Presencial |
Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).