A sociedade demanda profesionais no eido da ciberseguridade, e o sistema educativo galego recolle o reto: para o curso 2024-2025 multiplícase a oferta formativa regrada nesta materia, cun aumento de prazas do 136% nos Másteres de FP de Especialización en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información (os que se dedican á xestión de información) e en Contornos das Tecnoloxías de Operación (os que se dedican ao control de máquinas físicas nas empresas).
Tras aumentar ata catorce as edicións destes másteres de FP, repartidos entre trece centros de Formación Profesional, espérase que a resposta do alumnado sexa moi positiva, dada a excelente empregabilidade para ambas as especialidades.
Estes son os centros de formación profesional que forman parte do programa:
| Especialidade | Centro | Concello | Modalidade |
| Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información | IES Fernando Wirtz Suárez | A Coruña | Distancia |
| CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | Ferrol | Presencial | |
| IES San Clemente | Santiago de Compostela | Distancia | |
| Presencial | |||
| CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | Ourense | Distancia | |
| IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | Estrada, A | Distancia | |
| IES Chan do Monte | Marín | Presencial | |
| IES de Teis | Vigo | Presencial | |
| IES Armando Cotarelo Valledor | Vilagarcía de Arousa | Presencial | |
| Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación | CIFP Politécnico de Santiago | Santiago de Compostela | Distancia |
| CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | Presencial | |
| IES Francisco Daviña Rey | Monforte de Lemos | Presencial | |
| CIFP A Farixa | Ourense | Distancia | |
| IES Ricardo Mella | Vigo | Presencial |
Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Máis información sobre os cursos: