Ciberseguridade e Formación Profesional: a combinación perfecta

Imaxe

A ciberseguridade é unha área de coñecemento apaixoante e con excelentes perspectivas laborais no presente e para o futuro.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen ao teu alcance comezar unha carreira profesional neste eido.

Descubre os Cursos de Especialización en Ciberseguridade que oferta o sistema de Formación Profesional de Galicia.

Acceso ao vídeo informativo

 

Programa RETECH

Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).