O día 26 de xuño presentouse oficialmente en Ourense o reforzo da oferta educativa para a Formación Profesional no eido da ciberseguridade, mediante o incremento de prazas e alcance xeográfico dos cursos de especialización Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación.
A continuación, as ligazóns aos vídeos das intervencións nesta Xornada:
Xornada. Cursos de Especialización de Ciberseguridade de Galicia
Esta iniciativa forma parte do investimento no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).