Informe de intelixencia de ameazas

Informe de Intelixencia de Ameazas

O Observatorio de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia publica o seu primeiro Informe de Intelixencia de Ameazas, un documento técnico dirixido a responsables de ciberseguridade, equipos SOC/CSIRT e xestores de risco que requiran unha visión actualizada do panorama de ameazas sobre entornos OT/ICS. Elaborado con apoio de fontes nacionais e internacionais e financiado a través de NextGenerationEU, o informe aborda desde o marco teórico da ciberintelixencia ata os incidentes máis recentes, as vulnerabilidades clave e o uso de intelixencia artificial polos adversarios. Con esta publicación, Amtega reforza o seu compromiso coa anticipación e a resiliencia do ecosistema industrial galego.