O Informe de Intelixencia de Ameazas OT – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha análise estruturada do panorama actual de ameazas con impacto potencial sobre contornos industriais (ICS/OT), combinando intelixencia especializada, análise de actores de ameaza e recomendacións orientadas á resiliencia operativa.
O documento recompila e interpreta información procedente de organismos e fontes internacionais de referencia —como ENISA, CCN-CERT, Microsoft Threat Intelligence, IBM X-Force, Palo Alto Unit 42 ou Dragos— para identificar os principais grupos adversarios, tácticas, técnicas e procedementos (TTPs) observados recentemente en contornos industriais e infraestruturas críticas.
O documento incorpora ademais unha aproximación práctica baseada na ICS Cyber Kill Chain e en MITRE ATT&CK for ICS, permitindo contextualizar o nivel de madurez operativa dos actores e orientar mellor as decisións defensivas.
Trátase dun recurso orientado á anticipación e priorización do risco en contornos industriais, cun enfoque aplicado á realidade operativa das organizacións galegas e ás necesidades de protección de servizos esenciais e cadeas de subministración industriais.