Informe de Riscos Tecnolóxicos

O Informe de Riscos Tecnolóxicos do Observatorio de Ciberseguridade Industrial analiza os principais riscos que afectan aos contornos industriais nun contexto de crecente converxencia IT/OT/IoT. O documento aborda estes riscos desde unha perspectiva técnica, organizativa e estratéxica, tendo en conta tanto a súa orixe como o seu impacto sobre a operación e a continuidade dos procesos.

A partir de fontes internacionais de referencia —como o Foro Económico Mundial—, identifícanse tendencias relevantes e ameazas emerxentes que están a redefinir o panorama de risco, permitindo comprender mellor a súa evolución e implicacións.

Inclúese ademais unha aproximación ao goberno da ciberseguridade e á resiliencia, destacando a necesidade de integrar a xestión do risco nos procesos de decisión e na planificación organizativa.

 

Constitúe un recurso orientado a apoiar a toma de decisións informadas por parte de responsables técnicos e de negocio, reforzando a capacidade de xestión do risco no ecosistema industrial galego