Apertura de inscrición para dous novos cursos gratuítos de ciberseguridade

Imaxe

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para dous novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán en modalidade virtual durante os meses de novembro e decembro de 2026: CompTIA Security+ e Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade. 

As dúas accións formativas son gratuítas, están dirixidas tanto a persoas desempregadas como ocupadas e inclúen a opción de realizar sen custo un exame oficial de certificación, ademais do correspondente diploma ou certificado de asistencia. 

O prazo de inscrición comezou o 3 de outubro. No caso de CompTIA Security+, permanecerá aberto ata o 18 de outubro, mentres que para Cyber Compliance poderá formalizarse ata o 22 de outubro de 2026. 

 

CompTIA Security+ 

Esta formación está orientada á adquisición dos coñecementos e habilidades necesarios para protexer aplicacións, redes, dispositivos e datos, analizar ameazas e vulnerabilidades, aplicar medidas de mitigación e participar na xestión de riscos e no cumprimento das políticas e normativas de seguridade. Tanto o material formativo como o exame oficial de certificación están en inglés.

Os obxectivos do curso son: 
  • Identificar ataques, vulnerabilidades, vectores de ameaza e superficies de ataque, e aplicar medidas de mitigación. 

  • Comprender os conceptos fundamentais de seguridade, os controis de protección e o uso de solucións criptográficas adecuadas. 

  • Aplicar principios de arquitectura segura para protexer infraestruturas, aplicacións, redes e datos. 

  • Coñecer técnicas de xestión de vulnerabilidades, monitorización, resposta a incidentes e investigación. 

  • Comprender os elementos clave da gobernanza, a xestión de riscos, o cumprimento normativo e as auditorías de seguridade. 

Información xeral do curso
  • Metodoloxía virtual. 

  • Período de inscrición: do 03/10/2026 ao 18/10/2026. 

  • Proba técnica de selección presencial no CNTG, en Santiago de Compostela, o 22/10/2026 ás 18:30 horas. 

  • Número de prazas: 20. 

  • Datas de impartición: do 09/11/2026 ao 20/11/2026. 

  • Horario: de luns a venres, de 16:30 a 20:00 horas. 

  • Duración: 35 horas. 

  • Certificación incluída: SY0-701 CompTIA Security+ (en inglés). 

  • Certificado de asistencia. 

Máis información en:Cursos - CompTIA Security+ - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade 

Este curso ofrece unha visión completa do marco legal e regulatorio aplicable á ciberseguridade e da importancia do cumprimento normativo na contorna dixital. A formación estrutúrase en cinco bloques temáticos que abranguen a normativa e os estándares internacionais, a xestión dos riscos legais, a implantación de sistemas de Cyber Compliance, a auditoría e supervisión e a ciberdelincuencia na empresa. 

Os obxectivos do curso son: 
  • Comprender o marco normativo nacional e internacional aplicable á ciberseguridade e ao Cyber Compliance. 

  • Aplicar estándares, boas prácticas e metodoloxías para a xestión de riscos legais e o cumprimento normativo. 

  • Desenvolver competencias para implantar, auditar e supervisar sistemas de xestión de Cyber Compliance nas organizacións. 

A formación está dirixida, entre outros perfís, a responsables de seguridade da información, consultores/as, avogados/as, auditores/as, técnicos/as de seguridade e profesionais de sistemas con responsabilidades neste ámbito. 

Información xeral do curso 
  • Metodoloxía virtual. 

  • Período de inscrición: do 03/10/2026 ao 22/10/2026. 

  • Proba técnica de selección presencial no CNTG, en Santiago de Compostela, o 27/10/2026 ás 19:30 horas.

  • Número de prazas: 16. 

  • Datas de impartición: do 16/11/2026 ao 02/12/2026. 

  • Horario: 16 e 25 de novembro, de 16:00 a 18:00 horas; 18 e 24 de novembro, de 16:00 a 19:00 horas; e 17, 23 e 30 de novembro e 1 e 2 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas. 

  • Duración: 30 horas. 

  • Certificación incluída: Certified Professional Cyber Compliance (CPCC). 

  • Diploma de asistencia. 

Máis información en: Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade 

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición dentro dos prazos indicados. A selección realizarase mediante unha proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela.