O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para tres novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán durante os meses de outubro e novembro de 2026. As persoas interesadas poderán rexistrarse entre o 14 de setembro e o 1 de outubro de 2026.
Esta nova oferta formativa está composta polos cursos NSE 4 FortiOS, EC-Council Certified Ethical Hacker (CEH) e Técnico de Soporte Certificado en Ciberseguridade, tres accións formativas orientadas á adquisición de competencias profesionais altamente demandadas no ámbito da seguridade informática.
Todas as formacións son gratuítas, inclúen a posibilidade de realizar o correspondente exame oficial de certificación sen custo para o alumnado e están dirixidas tanto a persoas desempregadas como ocupadas.
Este curso permite adquirir os coñecementos necesarios para administrar e protexer infraestruturas de rede mediante dispositivos FortiGate, unha das solucións de seguridade máis utilizadas no ámbito empresarial.
Configurar os aspectos básicos de rede de FortiGate partindo da configuración predeterminada de fábrica.
Configurar e controlar o acceso de administrador a FortiGate.
Utilizar a GUI e a CLI para a administración da plataforma.
Describir os métodos de rexistro do dispositivo.
Visualizar e buscar rexistros en FortiGate e FortiAnalyzer.
Configurar políticas de firewall IPv4.
Aplicar reenvío de portos, NAT de orixe e NAT de destino.
Analizar e configurar o encamiñamento estático.
Implementar redundancia de roteiros e equilibrio de carga.
Configurar servidores de autenticación LDAP e RADIUS.
Monitorizar usuarios desde a interface de FortiGate.
Implementar Fortinet Single Sign-On (FSSO) integrado con Microsoft Active Directory.
Describir as funcións de cifraxe e certificados.
Configurar a inspección SSL.
Aplicar perfís de seguridade como IPS, antivirus, filtrado web e control de aplicacións.
Configurar VPN IPsec e solucións SD-WAN.
Identificar as funcións dos dispositivos nunha contorna de alta dispoñibilidade (HA).
Coñecer as capacidades de FortiGate VM, FortiGate CNF e FortiSASE.
Metodoloxía virtual.
Período de inscrición: do 14/09/2026 ao 01/10/2026.
Proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela o 06/10/2026 ás 19:30 horas.
Número de prazas: 16.
O curso impartirase do 19 ao 23 de outubro de 2026.
Horario: de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
Duración: 25 horas.
Certificación incluída: NSE4 - FortiOS Administrator.
Diploma de asistencia.
Más información en: Cursos - NSE 4 FortiOS - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
A certificación Certified Ethical Hacker (CEH) constitúe unha das credenciais internacionais máis recoñecidas no ámbito do hacking ético. O curso proporciona unha visión completa das técnicas, ferramentas e metodoloxías utilizadas polos profesionais da ciberseguridade para identificar, analizar e previr vulnerabilidades.
Comprender as técnicas e ferramentas fundamentais do hacking ético.
Identificar e analizar vulnerabilidades en sistemas e redes.
Aplicar técnicas de recoñecemento, escaneo e enumeración.
Coñecer os diferentes tipos de malware e ataques de denegación de servizo.
Avaliar a seguridade de aplicacións web.
Analizar a seguridade de redes sen fíos.
Comprender os riscos asociados aos dispositivos móbiles.
Avaliar vulnerabilidades en contornas IoT.
Analizar riscos e medidas de protección na nube.
Aplicar conceptos de criptografía para protexer a información.
Deseñar e implementar contramedidas fronte ás principais ameazas.
Prepararse para afrontar retos de seguridade en contornas dixitais en constante evolución.
Metodoloxía virtual.
Período de inscrición: do 14/09/2026 ao 01/10/2026.
Proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela o 06/10/2026 ás 16:30 horas.
Número de prazas: 20.
O curso impartirase do 26 de outubro ao 6 de novembro de 2026.
Horario: de luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e os venres de 16:00 a 20:00 horas.
Duración: 48 horas.
Certificación incluída: 312-50 EC-Council Certified Ethical Hacker (CEH).
Diploma de asistencia.
Más información en: Cursos - EC-COUNCIL Certified Ethical Hacker (CEH) - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Observación: para a realización da proba de selección recoméndase contar cun nivel medio de comprensión lectora en inglés, xa que poderá incluír preguntas neste idioma. Ademais, o exame oficial de certificación realízase en inglés.
Esta formación oficial de Cisco permite adquirir unha visión integral das principais áreas relacionadas coa protección da información nas organizacións. O programa aborda sistemas operativos, redes, aplicacións, vulnerabilidades, ameazas e técnicas de resposta ante incidentes de seguridade.
Explicar e mitigar os ciberataques máis comúns.
Identificar vulnerabilidades TCP/IP e ameazas á rede.
Describir os principios fundamentais da seguridade de rede.
Comprender o funcionamento dos dispositivos que reforzan a seguridade das comunicacións.
Configurar e solucionar problemas de seguridade en contornas Windows e Linux.
Recomendar medidas de seguridade para infraestruturas na nube.
Aplicar técnicas criptográficas para a protección da información.
Avaliar a protección dos dispositivos endpoint.
Analizar impactos do malware e vulnerabilidades.
Utilizar rexistros e ferramentas de monitorización para reforzar a seguridade.
Elaborar políticas de gobernanza e boas prácticas de seguridade.
Avaliar riscos e ameazas nas organizacións.
Aplicar modelos de resposta a incidentes.
Empregar técnicas básicas de análise forense.
Metodoloxía virtual + teleformación.
Período de inscrición: do 14/09/2026 ao 01/10/2026.
Proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela o 06/10/2026 ás 17:30 horas.
Número de prazas: 20.
O curso impartirase do 26 de outubro ao 24 de novembro de 2026.
Duración total: 100 horas.
40 horas de aula virtual síncrona.
60 horas de teleformación.
Aula virtual os días 26, 27 e 28 de outubro; 2, 4, 9, 11, 16, 18 e 23 de novembro, de 16:30 a 20:30 horas.
Teleformación do 29 de outubro ao 24 de novembro, cun horario de referencia de 16:30 a 21:30 horas.
Certificación incluída: Cisco Certified Support Technician (CCST) Cybersecurity (100-160 CCST Cybersecurity).
Diploma de asistencia.
Requisitos recomendados: coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e Linux, fundamentos de programación, nocións básicas de redes e comprensión de inglés técnico.
Máis información en: Cursos - Técnico de Soporte Certificado en Ciberseguridade - CNTG - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia