A Xunta reforza a súa estratexia en ciberseguridade baseada na especialización e colaboración

Imaxe

A Xunta de Galicia aposta pola especialización e a colaboración como claves para afrontar os retos da ciberseguridade, segundo destacou Damián Rey durante a apertura do VI Foro Tecnolóxico.

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sinalou que a ciberseguridade é un elemento central na transformación dixital da Comunidade, fundamental para garantir contornas seguras tanto para a cidadanía como para as empresas.

Galicia foi pioneira na creación dunha estrutura de colaboración público-privada neste ámbito co Nodo Ciber.gal, que conta con máis de medio cento de entidades adheridas. Ademais, a Xunta facilita servizos de ciberseguridade aos concellos, permitindo que en 2025 un total de 113 entidades locais monitorizasen as súas redes.

A Administración autonómica tamén impulsa a especialización tecnolóxica con proxectos como o futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade en Ourense e iniciativas de cooperación con outras comunidades autónomas.

Por último, Rey puxo en valor a capacidade do sector tecnolóxico galego, con arredor de 750 empresas que desenvolven produtos e servizos neste ámbito.