Coloquio: Os retos da administración dixital

Jesús Oitavén, director xeral de Simplificación Administrativa da Consellería de Facenda; María José García Sexto, directora da área de Administración Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega); Joaquín Seijas, senior manager de Indra; e Santiago Pérez, xefe do servizo de Informática do Concello de Pontevedra, expoñen as súas perspectivas sobre os retos asociados á adaptación das estruturas das distintas administracións ás necesidades da Sociedade da Información.