As ciberestafas aumentan un 89% durante a época do Nadal xa que son miles as persoas que realizan compras a través de internet. Se es víctima dunha ciberestafa, neste vídeo contámosche como actuar rápido para minimizar o impacto.
Imaxínasche abrir un pdf e que estea encriptado? Decatarche de que non tes acceso aos documentos da túa empresa? E aínda por riba ábrese unha xanela no teu navegador pedindo diñeiro polos teus arquivos... non temas, pero isto ten pinta de Ransomware!
Nunha entrevista no programa “Quen anda aí?” da TVG, Inés Amor, portavoz da Policía Nacional, aproveitando a detención dunha presunta autora de 15 delitos de ciberestafa na Coruña, explica o funcionamento sobre diferentes tipos de fraudes dixitais: phishing, vishing ou fraude telefónico bancaria.