Encontros Tecnolóxicos do Laboratorio – Detección e resposta fronte ás ameazas actuais

09:00 - 14:00

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza un encontro técnico en colaboración con CrowdStrike, no que fabricantes, expertos e usuarios compartirán coñecemento arredor das tendencias, solucións e casos de uso vinculados á ciberseguridade.

A xornada terá un carácter técnico e divulgativo e abordará, entre outros ámbitos, a evolución das operacións de seguridade, a protección da intelixencia artificial, os servizos de Frontier AI, o uso da IA en Red Team e Blue Team e as novas solucións de seguridade da identidade.

Axenda:

  • 09:30 h – Café de benvida
  • 10:00 h – Apertura
  • 10:15 h – De SecOps a Agentic SOC
  • 11:00 h – Protección á IA e da IA
  • 11:45 h – Coffee Break
  • 12:00 h – Servizos de Frontier AI
  • 12:15 h – Utilizando a IA para Red Team e Blueteam
  • 13:00 h – Next-Gen Identity Security: A nova plataforma
  • 13:30 h – Novidades
  • 14:00 h – Xantar

Información relacionada