Subvencións da Xunta de Galicia para ciberseguridade, cumprimento normativo e implantación de servizos de IA

Imaxe

Publicadas no DOG varias convocatorias de liñas de axuda para acometer proxectos relacionados con esas materias. 

As axudas publicadas son as seguintes:

Código de procedemento IG300C

Concederanse, entre outros, a proxectos de:

  • Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas. 
  • Tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).
  • Melloras en ciberseguridade. 

Código de procedemento IG408K 

Estas subvencións concederanse, entre outras, a actividades de:

  • Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora.
  • Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes:
    • Sistemas de intelixencia artificial (intelixencia de negocio, big data e similares).
    • Ciberseguridade. 

Código de procedemento IG402A 

Estas subvencións concederanse, entre outras, a actividades de:

  • Optimización e mellora competitiva (categoría 2)
    • Análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance)
  • Estratexias de Competitividade avanzada (categoría 3)
    • Preparación de procesos certificables

Código de procedemento IG408M

Estas subvencións concederanse a proxectos relacionados co desenvolvemento de produtos de Intelixencia Artificial ou a integración da mesma nos procesos produtivos propios, o que pode ser aplicado a produtos de ciberseguridade.

Código de procedemento IG408L

Estas subvencións concederanse, entre outras, a actividades de testeo a escala preindustrial e pilotos de tecnoloxías facilitadoras (TFE) relacionadas con: (…) procesamento avanzado, nas que se inclúen especificamente a intelixencia artificial, ciberseguridade, (…).