
O folleto reúne dez recomendacións para conectarse en aeroportos, estacións, hoteis ou cafeterías e evitar riscos sen renunciar ás vantaxes destas redes
A Axencia Española de Protección de Datos subliña que a incorporación de intelixencia artificial a sistemas de videovixilancia debe realizarse con garantías desde o deseño, especialmente cando estas solucións permiten analizar imaxes, identificar patróns ou localizar persoas a partir de determinadas características
O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza a primeira edición dos Encontros Tecnolóxicos do Laboratorio, unha iniciativa orientada á divulgación de coñecemento e ao intercambio de experiencias arredor da ciberseguridade e das tecnoloxías emerxentes.
No programa Bos Días da TVG, Manuel Caeiro, coordinador do Máster en Ciberseguridade, comentou un caso recente de fraude bancaria no que unha persoa conseguiu recuperar máis de 5.000 euros tras sufrir unha estafa dixital e obter unha resolución favorable por parte da Audiencia Provincial
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para tres novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán durante os meses de outubro e novembro de 2026. As persoas interesadas poderán rexistrarse entre o 14 de setembro e o 1 de outubro de 2026.
O Boletín Oficial del Estado publicou o Real Decreto 723/2026, do 9 de setembro, polo que se traspón parcialmente ao ordenamento español a Directiva (UE) 2019/1152 relativa a unhas condicións laborais transparentes e previsibles
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) informou de que recibiu a primeira notificación dunha brecha de datos persoais na que o incidente tería sido executado mediante un axente de intelixencia artificial que utilizou un coñecido modelo de linguaxe.
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) participará na vixésima edición das Xornadas STIC, que se celebrarán do 24 ao 27 de novembro de 2026 en Kinépolis Ciudad de la Imagen, en Madrid.
No programa de hoxe de Lambóns Dixitais, Javier Mosquera volveu achegarnos a clave de actualidade no seu espazo de ciberseguridade. Con motivo da febre polo vindeiro eclipse solar, Mosquera advertiu dos perigos dixitais que medran á sombra deste tipo de eventos masivos, onde os ciberdelincuentes aproveitan calquera descoido para facer o seu propio "agosto".
Na entrevista realizada hoxe a Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), puxouse de manifesto a preocupante evolución do cibercrime, unha ameaza que deixou atrás a figura do atacante individual para converterse nunha auténtica industria global altamente organizada