Detectouse a exposición masiva de máis de 500.000 instancias de Microsoft Internet Information Services (IIS) en fin de vida útil (End-of-Life, EOL) accesibles desde Internet, segundo análises recentes de escaneo global
Detectouse a nivel internacional unha campaña activa de ciberataques baseada en enxeñaría social multicanle, na que actores maliciosos empregan correo electrónico e Microsoft Teams para suplantar servizos de soporte técnico.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), presentou tres novos informes do Observatorio de Ciberseguridade Industrial correspondentes ao ano 2026, elaborados polo Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais e Ciberseguridade Industrial.
O Observatorio de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia publica o seu primeiro Informe de Intelixencia de Ameazas, un documento técnico dirixido a responsables de ciberseguridade, equipos SOC/CSIRT e xestores de risco que requiran unha visión actualizada do panorama de ameazas sobre entornos OT/ICS.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica este informe no marco do Observatorio de Ciberseguridade Industrial, coa finalidade de conectar o ecosistema galego coas principais oportunidades de financiamento e cooperación en I+D+i nos ámbitos autonómico, estatal e europeo. O documento ofrece unha visión estruturada e accesible dun panorama de axudas de especial relevancia para empresas, centros tecnolóxicos, universidades e administracións públicas que desenvolven actividade en ciberseguridade industrial e transformación dixital.
O Observatorio de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia publica o primeiro número do seu Informe de Ciberalertas, elaborado por Amtega no marco do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial. Esta publicación trimestral ofrece unha análise estruturada das vulnerabilidades e alertas máis relevantes para contornas ICS/OT, combinando fundamentos conceptuais con información práctica e directamente accionable para empresas e administracións públicas.
O Consello de Ministros aprobou o proxecto de Lei de Protección e Resiliencia das Entidades Críticas, impulsado polo Ministerio do Interior, co obxectivo de reforzar a seguridade das organizacións públicas e privadas que operan en sectores estratéxicos
No Lambóns Dixitais da TVG (17/02/2026), Javi Mos (divulgador tecnolóxico e colaborador habitual na Radio Galega e na TVG) abordou un caso de roubo de datos de tarxeta vinculado a campañas de marketing dixital, destacando que mesmo persoas expertas en contornas dixitais poden verse afectadas por este tipo de fraude.