O día 26 de xuño presentouse oficialmente en Ourense o reforzo da oferta educativa para a Formación Profesional no eido da ciberseguridade, mediante o incremento de prazas e alcance xeográfico dos cursos de especialización 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información' e 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación'.
A Xunta reforza a especialización en ciberseguridade na Formación Profesional con 14 másteres e 340 prazas para o curso 2024/2025. Esta oferta formativa supón un incremento de 8 cursos de especialización e 200 prazas, ademais de ampliar o alcance xeográfico desta formación, que agora se impartirá en centros das catro provincias.
A Universidade de Santiago, entidade adherida ao Nodo, e INCIBE, entidade fundadora do Nodo, presentaron este venres 21 de xuño a nova Cátedra Economía da Ciberseguridade, que persegue promover unha cultura de protección e concienciación en ciberseguridade e que contará cunha dotación de 1,2 millóns de euros.
Presentación a cargo da Amtega e a Dirección Xeral de Formación Profesional dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade en Formación Profesional. O público obxectivo son estudantes de formación profesional que pensen na ciberseguridade como materia para desenvolver a súa vida laboral.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e cloud.gal (Infonet), entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal, participarán na charla informativa sobre delitos informáticos e ciberseguridade organizada polo Club Financeiro de Santiago, o vindeiro xoves 27 de xuño ás 17:00h, na propia sede do Club.