Espazos técnicos de exposición

10:00 - 14:00

Sala 9 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)
Caducado
Imaxe

 

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuita e está dispoñible nesta ligazón:

INSCRICIÓN

Espazos destinados á breve exposición de proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade.

Acollerán estudantes especializados en ciberseguridade, profesionais na materia, así como outros relatores vinculados nunha contorna distendida no que, tras as breves exposicións, poderanse formular preguntas por parte dos asistentes.

Actividade en modalidade presencial e en liña.

Modera: Andrés Sastre Portela, director de proxectos do Clúster TIC Galicia.

As exposicións serán as seguintes:
 

  • Resolución dun caso de estafa mediante análise forense informática - David Diz, Estudante graduado do Curso de Especialización en Ciberseguridade no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
  • Ataque a unha infraestrutura IoT dunha aula a través da Wi-Fi - Iago López, Estudante graduado do Curso de Especialización en Ciberseguridade no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
  • Análise forense de memoria en Windows: detección e evidencias dixitais - Diego Pérez
  • Simulación de xuízos baseados en evidencia informática - Rafael López, Profesor da familia profesional de informática e comunicacións, Curso de Especialización en ciberseguridade en contornas IT, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e Anxo Varela, Profesor da Facultade de Dereito, Universidade de Santiago de Compostela
  • Ciberseguridade en Aulas Conectadas: Protección de IoT en Centros Educativo - Rafael López, Profesor da familia profesional de informática e comunicacións, Curso de Especialización en ciberseguridade en contornas IT, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
  • Detrás do IOC : a ameaza pantasma - Salvador Candedo, estudante graduado do Curso de especialización en ciberseguridade en contornas de IT no IES San Clemente
  • Adaptación e mellora do CCN-STIC 610-25. Perfilado de seguridade para distribucións Linux - Manuel Regal, Xefe do departamento de informática e comuinicacións do IES San Clemente e Antonio Felpeto, estudante graduado do Curso de especialización en ciberseguridade en contornas de IT no IES San Clemente
  • Estudo de ameazas ambientais globais e diagnósticos empresariais - María Loureiro, Directora do Proxecto CIBERECO de USC-INCIBE
  • Implementación de modelos intelixentes para a detección de ciberataques en redes de distribución de auga conectadas mediante dispositivos IoT - Álvaro Michelena, Profesor e investigador da Universidade da Coruña
  • Cátedra de Economía da Ciberseguridade CECOCIB - Isabel Neira, Coordinadora de Transferencia da Cátedra de Economía USC-INCIBE
  • Análise da seguridade e procura de vulnerabilidades en dispositivos IoT - Aarón García Filgueira, do Grao de Enxeñería Informática da Universidade de Santiago de Compostela, premiado con "MELLOR TFG" pola Cátedra R en Ciberseguridade
  • Deseño e desenvolvemento dunha solución de port knocking dinámico baseado na ferramenta knockd - Alberto Nóvoa González, do Grao de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, premiado con "MELLOR TFG" pola Cátedra R en Ciberseguridade
  • Desenvolvemento dunha plataforma de streaming para autenticación continua baseada no comportamento do usuario - Francisco Nóvoa Manuel, presenta o proxecto de Álvaro Sarmiento Borrajo, do #Máster en Ciberseguridade (MUniCS) da Universidade de Vigo e a Universidade de Coruña, premiado con "MELLOR TFM" pola Cátedra R en Ciberseguridade
  • Introducing PQC and QKD to Open RAN open interfaces - Pedro Otero García, do #Máster en Ciberseguridade (MUniCS) da Universidade de Vigo e a Universidade de Coruña, premiado con "MELLOR TFM" pola Cátedra R en Ciberseguridade
  • Machine Learning Approaches and Explainability for Real-Time Cyberattack Detection - Inés Ortega Fernández, do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade de Vigo, premiado con "MELLOR TESE DOUTORAL" pola Cátedra R en Ciberseguridade
  • Implantación dun sistema intelixente para a autenticación baseada en biometría táctil e de punteiro - Javier Pereira Loureiro, da Facultade de Enxeñería Informática da Universidade de Coruña, premio “Transferencia á Empresa”

Información relacionada