O Nodo CIBER.gal organiza o próximo 11 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas, Ourense, a xornada "Galicia cibersegura: protexendo o Tecido Empresarial" no marco do V Encontro CIBER.gal.
A xornada conta coa coorganización do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e a colaboración e participación de entidades adheridas ao Nodo e relacionadas co ecosistema galego de ciberseguridade.
Esta xornada está destinada principalmente ao tecido empresarial e industrial, e centrarase en aspectos de actualidade como as novidades normativas en materia de ciberseguridade, a ciberseguridade no ámbito do tecido industrial, novas oportunidades de financiamento e como as empresas poden protexerse eficazmente ante a ciberdelincuencia. Así mesmo, incluirá unha sesión específica sobre ciberseguridade nos vehículos conectados.
O evento contará ademais cunha pausa para café destinada ao networking, e poñerase ao dispor un servizo de desprazamento gratuíto desde Ourense ata o lugar da xornada. Aquela persoa interesada en facer uso do mesmo, pode indicalo no propio formulario de inscrición.
O programa da Xornada pode consultarse na seguinte ligazón