A quinta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrouse os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Imaxe
Vídeo Resumo do V Encontro CIBER.gal 2025
Vídeos das actividades do V Encontro CIBER.gal 2025
Cando?
- 05, 06 e 07 de novembro de 2025
Onde?
- Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
Para quen?
- Profesionais e persoal directivo de entidades públicas locais, autonómicas e nacionais
- Profesionais e persoal directivo de entidades do sector que son provedoras de servizos á administración
- Empresas, profesionais e persoas emprendedoras do sector da ciberseguridade
- Outros profesionais do tecido empresarial, centros de investigación e de entidades académicas
- Familias (pais, nais, titores)
- Centros educativos (profesorado, escolares e adolescentes)
- Cidadanía en xeral e persoas interesadas
Programa do V Encontro Ciber.gal
Programa:
05 de novembro de 2025
- Horario de mañá | Actividades destinadas á Administración Pública
- Horario de mañá e tarde | Exposicións de solucións de ciberseguridade
- Actividades adicionais ao programa principal
- 10:00h a 13:30h - Capture the Flag – Patrocina: Gradiant
- 10:00h a 14:00h - 15:00h a 18:30h - Demostrador - Laboratorio e centro demostrador de innovación en ciberseguridade IoT
- 10:00h a 18:00h - Demostrador - POSEIDON: Xestión e Ciberseguridade do Ciclo Integral da Auga
- 10:15h a 11:30h - Mesa redonda: Retos da compartición de datos entre administracións
- 15:10h a 17:40h - Obradoiro: SSH e identidade confiable? Sí, pero…
- Experiencias INCIBE: Stand e Roadshow
06 de novembro de 2025
- Horario de mañá | Actividades destinadas ao tecido empresarial
- Horario de mañá e tarde | Exposicións de solucións de ciberseguridade
- Actividades adicionais ao programa principal
- 10:00h a 12:00h – Obradoiro: Extracción e análise de evidencias en contornas industriais
- 10:00h a 14:15h - 15:40h a 19:00h - Demostrador - Laboratorio e centro demostrador de innovación en ciberseguridade IoT
- 10:00h a 18:00h - Demostrador - POSEIDON: Xestión e Ciberseguridade do Ciclo Integral da Auga
- 12:00h a 19:00h - Demostrador - Seguridade cuántica para redes tácticas: proba de concepto
- 12:25h a 14:25h – Obradoiro: Introdución á análise forense en dispositivos móbiles
- 13:35h a 14:15h – Laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial
- Experiencias INCIBE: Stand e Roadshow
07 de novembro de 2025
- Horario de mañá | Actividades destinadas á cidadanía
- Actividades adicionais ao programa principal
- 10:00h a 15:00h - Demostrador - Laboratorio e centro demostrador de innovación en ciberseguridade IoT
- 10:00h a 14:00h – Espazos técnicos de exposición
- 11:30h a 13:00h – Conecta Senior - Patrocina: Telefónica
- Experiencias INCIBE: Stand e Roadshow
O programa podería estar suxeito a leves cambios.
Ao longo dos tres días de evento habilitaranse espazos para o coworking e salas de reunións para fomentar o encontro entre estudantes, profesionais e empresas asistentes.
Ademais, este ano o V Encontro CIBER.gal contou cunha xornada previa o día 11 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).