Apertura de inscricións para os Cursos de Especialización en Ciberseguridade IT e OT no ámbito da Formación Profesional

Imaxe

Co obxectivo de atender a alta demanda de profesionais en ciberseguridade no sector empresarial, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito de Formación Profesional. Este curso 25-26 amplíanse ata 15 cursos de especialización que engloban un total de 360 prazas dispoñibles distribuídas en modalidade presencial e a distancia.

Desde o 16 de xuño ata o 2 de xullo estará aberto o período ordinario de presentación de solicitudes para a admisión aos cursos de especialización. Os cursos de especialización en ciberseguridade dispoñibles son: Ciberseguridade en contornas de tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornas de tecnoloxías de operación, que se impartirán nos centros situados na Coruña, Ferrol, Culleredo, Santiago, Vigo, Ourense, Marín, A Estrada, Vilagarcía, Lugo e Monforte.

Para máis información sobre estes cursos de especialización, pódese consultar a seguinte ligazón.

Para máis información sobre o proceso de admisión a estes cursos, pódese consultar a seguinte ligazón.

O fortalecemento da formación especializada en ciberseguridade dentro da Formación Profesional forma parte do Proxecto Galego de Programas Superiores nesta área, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xunto coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O proxecto enmárcase nas iniciativas do programa RETECH e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation.