Apertura do prazo de inscrición para a segunda edición do curso gratuíto Cisco Network Security ata o 18 de xuño

Imaxe

Ata o 18 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a segunda edición do curso Cisco Network Security. Este curso abarca tecnoloxías de protección de dispositivos e das comunicacións de xestión e tráfico de usuario. Tamén inclúe controis de accesos baseados en AAA, algoritmos de cifrado, resume e firmas dixitais como elementos básicos para a conformación dunha infraestrutura de clave pública, así como a implementación de comunicacións seguras mediante estándares como IPSec.

Os obxectivos deste curso son: 

  • Desenvolver en profundidade os principios nos que se asenta a seguridade en redes, así como coñecer as ferramentas de configuración e implementación dispoñibles.

  • Os contidos do curso preparan nas habilidades requiridas en perfís cunha orientación profesional dirixida á protección fronte a ameazas e á construción de redes e comunicacións seguras.

Este curso está dirixido a todos aquelas/es candidatas/os que desexen desenvolver en profundidade os principios nos que se asenta a seguridade en redes.

Información relevante do curso Cisco Network Security - 2ª edición:
  • Metodoloxía híbrida (presencial, virtual e teleformación). 

  • Número de prazas limitado a 20 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 25 de xuño ás 17:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.

  • A duración do curso será de 140 horas  (40h presenciais, 40h virtuais e 60h teleformación). 

  • O curso desenvolverase do 8 de setembro ao 17 de outubro.

  • A matrícula é gratuíta e dotarase ao alumnado que supere o curso dun diploma de asistencia.

Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ó seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Cursos - Cisco Network Security - 2ª edición 

Así mesmo, infórmase que tamén quedan prazas dispoñibles no curso Seguridade en IoT que comeza o vindeiro 23 de xuño. Os interesados e interesadas na formación poderán remitir un correo a tecnico.cnt [at] xunta.gal (tecnico[dot]cnt[at]xunta[dot]gal) manifestando o seu interese para que poidan indicarlles o procedemento a seguir. As prazas asignaranse por orde de chegada das solicitudes.

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).