"Cibercarracho", un termo inventado por #CiberEsther, finalista á Palabra do Ano

Imaxe

Cibercarracho, un termo xurdido no #DígochoEu grazas a #CiberEsther, figura impulsada grazas ao diseño e lanzamento da campaña de sensibilización sobre ciberseguridade impulsada pola Amtega,  é unha das seis finalistas para ser elixida como palabra do ano en 2023 pola iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié do Portal das Palabras.

Este neoloxismo representa un pirata informático. O cibercarracho intenta facer o seu traballo, que vén sendo roubar datos e mesmo cartos, e #CiberEsther dá consellos para impedirllo.

Desta forma cibercarracho é outra maneira, un novo xeito, de chamar ao ciberdelincuente, e segundo destaca o Portal das Palabras, "tira do humor a partir do parecido entre quen nos rouba datos, ou directamente cartos, e ese becho case invisible que nos chucha o sangue".

Nesta edición de 2023, tamén resultaron finalistas as palabras: cooficialidade,  educación emocional, feitiño/a,  dereitos humanos e biodiversidade.

As votacións para escoller a palabra do ano están abertas ata o próximo 25 de decembro, incluído.  
Podedes votar polo termo "Cibercarracho na seguinte ligazón: Portal das Palabras - Palabra do Ano 2023.

Información relacionada