#CiberseguridadeTVG – Fernando Suárez

Imaxe

Estes días increméntanse as ciberestafas porque compramos moito a través da rede con motivo da proximidade do Black Friday.

España é o segundo país do mundo no que máis se incrementaron as vendas nestes días por internet, polo que canto máis diñeiro móvese, máis ciberamenazas actívanse.

Hai redes delituosas que diversifican moito a forma de estafar a través da rede, cada vez inventan formas máis enxeñosas de intentos de estafa. Apunta Fernando Suárez que hai mafias moi profesionalizadas de ciberdelincuentes que e que todos os cidadáns estamos expostos e somos susceptibles de converternos en vítimas.

Atacan desde a organismos públicos, ata grandes empresas e cidadáns do montón. Fernando apunta que debemos sempre desconfiar e estar alerta e tomar medidas de boas prácticas.

O phishing soe ser a maneira máis habitual de intento de ciberestafa, ou ben nos chega unha oferta moi atractiva, ou nos indican certa urxencia para realizar calquera tipo de xestións bancarias, administrativas, etc.  

Disto e mais, fala Fernando Suárez no programa A Revista.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 10:55.